RCD / NOVAS

Laura Vázquez será sometida a unha artroscopia de xeonllo mañá mércores

03/03/2020 16:36

A futbolista do Deportivo ABANCA, Laura Vázquez, será sometida mañá mércores 4 de marzo a unha artroscopia de xeonllo, co obxecto de realizar unha reparación do seu menisco lesionado.

A intervención será no Hospital Quironsalud A Coruña a cargo do traumatólogo Juan Trobajo.