RCD / NOVAS

Laure cre que o Dépor demostrou que é ''un equipo bastante fiable''

Laure compareció esta tarde na sala de prensa de Abegondo. Desta semana sen competición ligueira, o capitán deportivista cre que "o equipo está nunha dinamica moi positiva e interésanos xogar. Ao final é un partido da Selección, temos que parar e arrincar logo con más forza. Se fóra por mí, os paróns non nos veñen ben".

07/10/2015 21:09

Neste sentido, quere transmitir publicamente "unha mensaxe clara que estamos en competición, que o próximo partido son tres puntos importantísimos. Que ninguén se despiste".

Sobre a sexta posición actual do equipo, Laure di sentirse "moi contento, pero sobre todo polas sensacións". Ao seu xuízo, a actuación do Dépor en Granada deixou ver "un equipo serio, que sabe o que está a facer no campo e iso ao final convértese en puntos".

Insiste en que o Dépor "é un equipo bastante fiable. Estamos a competir ben en todos os campos".

Cualifica o ambiente de Riazor esta tempada de espectacular. "Fóra de casa agradecer tamén á xente que se achega, que nos dá todo o seu apoio en todas as viaxes".

Máis novas de: LAURE