RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Laure di "ata logo" entre bágoas, aínda que seguirá desde Alcorcón a un Dépor "ilusionante"

Laureano Sanabria despediuse esta mañá na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo. Deixa atrás 10 temporadas vestindo a camiseta branquiazul e moitos recordos.

Estivo acompañado polos conselleiros Dani Ramos e Quique Calvete; o director deportivo Richard Barral; o delegado Juan Ángel Barros Botana; e os futbolistas Álex Bergantiños, Pedro Mosquera, Alejandro Arribas e Fernando Navarro.

Entre bágoas, tentou ler un comunicado, aínda que non foi capaz. A duras penas puido responder as preguntas dos medios de comunicación: "A miña idea é un ata logo. Estou moi agradecido ao Deportivo en todo. Deume a oportunidade, confiou sempre en min. Voume a preparar para estar aquí e tratar sempre de achegar desde fóra", apunta.

Desvelou o lateral madrileño que o seu novo equipo será o AD Alcorcón, ao que chega empuxado tamén por circunstancias familiares: "Como sabedes o meu pai tivo un accidente. A miña mellor opción era ir a Madrid, estar xunto á miña familia, co meu pai, cos meus irmáns". "Encima o Alcorcón apostou forte por min, confiou moito en min. Estou moi agradecido á aposta do Alcorcón", engade.

A pesar de que se marcha, seguirá ao Deportivo como un deportivista máis: "Seguramente fagamos un equipo ilusionante. Que consigamos esa unión que fai forte ao Deportivo. Espero que este ano entre todos vaia moito mellor".

Este é o comunicado co que Laure quixo despedirse do deportivismo: