RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Laure: O aspecto táctico e o físico no Deportivo está moi traballado

Laure non se ejercitó esta mañana co resto do primeiro equipo no Polideportivo de Cocheiras. Tivo sesión de fisioterapia na Deporclínica. O lateral produciuse no adestramento do pasado sábado unha rotura de fibras no mus

A pesar de que este fin de semana non hai fútbol polo parón ligueiro, Laure confesa que "non podo asegurar se estarei ante o Mallorca. Vou facer o máximo para adestrar o luns xa forte".

Esa rotura fibrilar non lle impediu xogar ante o Levante: "Non noto dor que non me permita correr, saltar... Hai unha molestia, pero na situación que estamos gústame estar aí". "A miña sensación é de molestia, non me impide facer movementos. Non teño problema en xogar. Pódoo aguantar perfectamente e por iso tiro para adiante", engade.

Laure cre que non é un superhome: "A maior parte da xente para, pero aos que lle permite a dor xogar, pois tiran para adiante".

Xa sobre o partido, opina que "demos unha imaxe malísima. Non estivemos á altura do Deportivo nin do Club. Temos que asumir os nosos erros e ver onde estamos a fallar. Éso faranos crecer".

A xuízo de Laure, o aspecto táctico e o físico non fallaron: "Ribeira (segundo adestrador) tírase toda a semana preparando o partido e no físico igual. Está todo moi traballado. Pero faltounos un pouco de frescura. Non creo que volva pasar. Non podemos permitirnos máis erros".