RCD / NOVAS

Laure: O derbi son tres puntos máis que non se xogan como tres puntos máis

Laure, capitán do Deportivo, compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo ante os medios de comunicación.

13/11/2015 16:37

Cre que o Celta, rival en Riazor o sábado 21 de novembro (22.05, TVE1), "está moi ben. Coñécense de hai moitos anos, xogan case de memoria. Pero nós temos as nosas armas. Hai que tentar defender máis en conxunto que individualmente".

Espera un derbi "igualado porque os dous equipos estamos súper motivados. Todos sabemos o importante que é este partido para a nosa afección.

Unha vitoria branquiazul o sábado 21 no derbi, a xuízo de Laure, tería "un valor incalculable, por confianza, por darlle alegría á nosa afección, por todo o que leva ese partido. Ao final son tres puntos máis que non se xogan como tres puntos máis".

Insiste Laure en que este tipo de partidos gáñanos "o que mellor compita e o que mellor os prepare. Estou convencido que seremos nós".

Madrileño de nacemento pero xa coruñés de adopción, confesa o capitán deportivista que o derbi o vive como un galego máis: "Sinto moi identificado co Club. Si o considero non se cadra como Pedro Mosquera, que o viviu desde pequeno, pero sinto esa rivalidade dun seareiro, dun afeccionado. Encántame este tipo de partidos para competir".

Máis novas de: LAURE