RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Laure pide ''ser ambiciosos ao máximo. Temos un equipo compensado, que queremos facer máis''

  Laure compareció ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. Asegura que ve "sólido" ao equipo. Iso sí, explica que "houbo momentos nos que tivemos que ir a por os partidos. Ao final cando va

O lateral branquiazul confesa que o vestiario deportivista sente que "temos que ser ambiciosos ao máximo. Temos un equipo compensado, que queremos facer máis. Ao final os resultados e os rivais xogan. Esta rachita de non vitorias ninguén a quere, pero pódeche chegar".
 
Un dos capitáns deportivistas asegura que "estamos tranquilos. Sabemos que non están a vir os resultados que queremos. É importante cortar este pequeno refacho. Podes miralo de dúas maneiras. Levamos moitas xornadas sen perder, e iso sempre é bo".
 
Insiste en que "os empates suceden porque vas gañar. Hai partidos nos que é verdade que merecemos moitísimo máis. Outros que menos. Ao final vaise equilibrando. Isto é unha liga e ao final temos que estar tranquilos, traballar como seguimos porque teñen que chegar as vitorias, estou convencido".
 
Laure reitera que "o noso obxectivo é a permanencia. E se somos obxectivos, estamos moi ben. Ao final os empates non suman todo o que queres pero non  perdiches. Ao final moitos golaverages telos gañados".
 
Do próximo rival este domingo 28 de febreiro en Riazor (18.15, Canle + Liga / Abono Fútbol), un Granada que acaba de substituír no banco a José Ramón Sandoval por José González, di Laure que "se cadra había xogadores desconectados e todo o mundo actívase. Pode haber cambios, rotacións, e ao final é unha activación para todos os xogadores".
 
Mostrouse agradecido pola confianza do adestrador, de meterche "(o pasado sábado en Cornellá - O Prat) nun minuto así. Alégrache porque o estás desexando. Estás a competir nos adestramentos para xogar. Contento por participar pero triste porque ao final o resultado é o que importa".