RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Laure: Temos que saber que é a liga máis complicada de Europa e estar preparados para gañar

O capitán do Deportivo en Murcia, Laureano Sanabria, compareció na sala de prensa de Riazor, nada más chegar o equipo de regreso. O lateral branquiazul é consciente que o Dépor compite na liga Adiante, "a liga más

Analizou o tanto encaixado na Nova Condomina, de novo nunha acción a balón parado, do mesmo xeito que sucedese tamén na primeira volta en Riazor: "Temos aí un dilema. Os futbolistas estamos doídos no orgullo sobre todo de tantos goles en xogadas que non teñen que ser tan complicadas de defender".

"Nós utilizamos defensa mixta: tres en parado e os demais en marcaxe. Se cadra temos que buscar outra fórmula", engade Laure.

Do mesmo xeito que Fernando Vázquez, o defensa deportivista coincidiu en sinalar como definitivo o tanto murcianista: "Eles cambiaron a súa forma de xogar, con balóns longos aos seus dous dianteiros. Os demais quedaron atrás, ben colocados".