RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lendoiro anuncia que Valerón seguirá como futbolista unha tempada máis

O Presidente Augusto César Lendoiro, acompañado polo conselleiro do club Jesús Rebollo, anunció esta tarde, no transcurso dun café cos medios de comunicación na Praia Club, que Juan Carlos Valerón seguir&aa

"Temos que felicitarnos porque vai estar un ano máis como mínimo xogando. E queriamos que fose de maneira oficial", manifestou o dirixente deportivista.
 
Valerón, que estivo acompañado polo seu irmán Pedro, confesou que sente con gran "ilusión" e "con moita forza para estar en algo no que sinto moi identificado". Tivo palabras para a afección, e neste sentido asegurou que o persoal "nesta situación tan difícil está moi comprometida para afrontala da mellor maneira posible". Pola súa banda, Pedro Valerón cre que o Dépor é un club "especial que o merece todo".
 
Lendoiro cualificou a Valerón como "un home de club. Unhas veces fará unha función e noutra ocasión outra distinta". O Presidente indicou que Miguel Anxo Lotina está "encantado" coa continuidade do internacional grancanario.