RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lendoiro: O Fútbol ten máis audiencia que nunca

O presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, manifestou hoxe, en declaracións a Radio Nacional de España, a súa "sorpresa por un feito que ocorreu hoxe e que nós o viñamos dicindo desde hai moito tempo: o fútbol segue tendo un gran interese. Iso dem

Para o dirixente deportivista, o que sucede é que "se o catro equipos máis importantes do país, que son os que xogan a Champions League, xogan o sábado á mesma hora, é lóxico que se repartan as audiencias. Pero o fútbol en si segue sendo de gran interese. Creo que agora máis que nunca.E se cadra ata se volve a impor o fútbol en aberto, en contra do que a xente prevía", concluíu Augusto César Lendoiro.

Así mesmo, respecto da lesión de Juan Carlos Valerón, ao que desexou unha pronta recuperación porque "é un grandísimo futbolista e unha gran persoa", indicou que agora, con outros futbolistas como Diego Tristán, "o sistema cambia, non é tan vistoso se cadra como con Valerón, pero seguro que vai ser moito máis efectivo".

Pediu Augusto César Lendoiro sentenciar o pase á segunda fase da liga de Campións en Lens, vencendo ao equipo francés no seu estadio. "Se gañamos e non o fai o Bayern en Milan, aforrarémonos máis sufrimentos. Aínda que o Bayern vai tentar saír de aí abaixo como sexa".

Por último, aproveitou os micrófonos de Radio Nacional para felicitar a Joan Capdevila, flamante novo internacional español: "Merécello el e a súa familia. Cando chegou ao Deportivo apenas xogaba e cada vez vaise integrando máis no equipo".