RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lisardo Méndez, traballador do RC Deportivo durante máis de medio século, faleceu aos 83 anos

- Lisardo, no centro, transportando dous Teresa Herrera á tómbola do Club nos Xardíns de Méndez Núñez o 15 de outubro de 1962 (foto cedida por Alberto Muñiz Pallares) -

Lisardo Méndez Iglesias (A Coruña, 1 de abril de 1938), traballador do RC Deportivo entre 1950 e 2003, faleceu hoxe luns 20 aos 83 anos de idade.

Lisardo xubilouse o 1 de abril de 2003 despois de máis de medio século traballando no RC Deportivo na área administrativa, sendo o empregado máis lonxevo que tivo o club nos seus 115 anos de historia.

Méndez cumpriu case 53 anos traballando no Club, posto que a súa incorporación produciuse o 12 de agosto de 1950.

O velorio ten lugar no tanatorio Servisa até mañá martes ás 20:00, antes da súa incineración.

O RC Deportivo desexa mostrar o seu máis sentido e sincero pésame a familiares, amigos e ex compañeiros. DEP