RCD / NOVAS

Lista de 16 convocadas do Dépor Feminino A para o torneo de mañá sábado en Vitoria - Gasteiz

  Nesta semana sen competición ligueira, o Deportivo Feminino A, líder do grupo primeiro da Segunda División Nacional, disputará mañana sábado 22 de outubro nas instalacións de Olaranbe en Vitoria - Gasteiz un trofeo de fútbol feminino, no que compartirá cartel co Athletic Club, o Parquesol e a Selección Navarra Sub-18.

21/10/2016 20:21

A modalidade de competición será de semifinais, terceiro e cuarto posto e final. Os partidos serán de dous tempos de 25 minutos cada un.
 
Manu Sánchez, técnico deportivista, leva a estas 16 xogadoras: Anita, Malena, Faragulla, Cris, Miriam, Perdi, Raquel, Carmela, Tere, Ari, Gere, Eva, Lea, María Curral, Patri e Elvira.
 
O calendario de competición é o seguinte:
 
Semifinal
16.30: Deportivo Feminino A - Parquesol
18.00: Final de consolación, caso de perder o primeiro partido
19.15: Final do torneo, caso de vencer o primeiro partido
 
Esta semana, o conxunto deportivista preparou este torneo con adestramentos no céspede e unha sesión de relaxación nas instalacións de Cásaa da auga de Termaria na Coruña.