RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Lista de 18 convocadas do Dépor ABANCA para o partido de mañá sábado en Braga

O Dépor ABANCA conclúe a súa pretemporada cun amigable de pompa. O seu rival será o SC Braga, campión da liga lusa. O encontro xogarase mañá sábado 31 de agosto ás 12:30 hora local (13:30 en España) e será a porta pechada na Cidade Deportiva do conxunto luso.

Desta forma, o Deportivo ABANCA devolve a visita que realizou o pasado verán o SC Braga a Abegondo.

Manu Sánchez citou ás seguintes xogadoras: Sullastres, Misa, Cris, Laura, Noelia Villegas, Patri López, Yamamoto, Peke, Athenea, Michelle Romero, Nuria Rábano, Teresa Abelleira, Patri Díaz, Alba Merino, Gaby, Iris, Miriam e Kika.

Son baixa por lesión Érika e Silvia Mérida; ademais de María Méndez, concentrada coa selección española sub-19.

Após este choque en Portugal, o seguinte compromiso será xa de Primera Iberdrola, en Abegondo, ante o RCD Espanyol o domingo 8 de setembro ás 12:00 horas.

As citas de pretemporada do Dépor ABANCA, cos resultados dos partidos xa xogados, son as seguintes:

Mércores 31 de xullo, dezaseisavos de final da Copa Deputación: Once Caballeros CF 0 - Deportivo ABANCA 4 (Nuria Rábano, Kika, Peke e Noelia Villegas)
Domingo 4 de agosto: Campo de La Eragudina (Astorga), Deportivo ABANCA 0 - Madrid CFF 2
Luns 5 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo da Porta Santa (Paiosaco), UD Paiosaco Hierros Añón 0 - Deportivo ABANCA 8 (Patri López -3-, Nuria Rábano -2-, Peke -2- e Silvia Mérida)
Xoves 8 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, Abegondo: Orzán SD 0 - Dépor ABANCA 9 (Michelle Romero, Yamamoto, Peke -3-, Alba Suárez, Patri López, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Sábado 10 de agosto: Trofeo Teresa Herrera, Estadio ABANCA-RIAZOR, Deportivo ABANCA 1 (Alba Merino) - UD Granadilla 5
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, Municipal de Santa Isabel (Santiago), Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Patri López, Carlota, Peke e Alba Suárez)
Mércores 14 de agosto: Final da Copa Deputación, campo das Eiroas (Carballo), Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 6 (Peke, María Méndez -2- Alba Suárez, Nuria Rábano e Carlota)
Sábado 17 de agosto: Trofeo '3 en 1' Vila de Jovellanos, campo de Santa Cruz (Xixón), Deportivo ABANCA 2 (Peke e Alba Merino) - Real Oviedo Femenino 0; Sporting de Gijón 0 - Deportivo ABANCA 4 (Alba Merino, Michelle Romero e Gaby -2-)
Sábado 24 de agosto: Estadio Román Suárez Puerta (Avilés), Dépor ABANCA 4 (Gaby -3- e Michelle Romero) - SD Eibar 1
Sábado 31 de agosto: Cidade Deportiva do SC Braga, 12:30 (hora local, porta pechada), SC Braga - Deportivo ABANCA