RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Lista de convocadas do Deportivo ABANCA para o choque de mañá domingo en Arteixo

O Deportivo ABANCA retorna á competición no grupo 1º da Segunda División Nacional, coa visita do Gijón FF a Ponte dos Brozos (Arteixo), en partido da 14ª xornada previsto para mañá domingo 7 de xaneiro ás 16:30 horas.

Os socios deportivistas teñen libre acceso ao recinto arteixán. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros e 3 euros para os menores de 16 anos.

Causa baixa obrigada Laura Vázquez, que durante o partido entre Galicia e o País Vasco pertencente á 1ª Fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas disputado o pasado mes de decembro, sufriu unha escordadura de grao 2 do ligamento lateral interno dun xeonllo.

Para afrontar o encontro ante o Gijón FF, Manu Sánchez, técnico deportivista, citou a estas xogadoras: Sheila, Malena, Raquel, Estefi, Miga, Lía, Silvia Mérida, Jone, Iris, Miriam, María Corral, Sara, Nuria, Peke, Cris e Teresa.

O equipo branquiazul é líder do grupo con 37 puntos, con 4 puntos de diferenza sobre o Oviedo Moderno, que ten 33 puntos e un partido menos xogado.