RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Lista de convocadas do Deportivo ABANCA para o partido de mañá domingo en Friol

O Deportivo ABANCA retoma a competición ligueira ante o CPM Friol CD Lugo, mañá domingo 13 de xaneiro ás 16:00 no campo de fútbol da Reigosa (Friol), en partido correspondente á 14ª xornada no grupo 1º de Segunda División Nacional.

O equipo branquiazul saltará ao céspede sen ningún tipo de confianzas, posto que as lucenses foron as únicas que foron capaces de frear ás deportivistas no partido da primeira volta disputado en Abegondo.

Manu Sánchez, técnico deportivista, citou ás seguintes xogadoras despois dun último adestramento a maiores dos previstos realizado hoxe sábado en Abegondo: Malena, Miralles, Cris, Iris, Gaby, Peke, Teresa, Kika, Michelle Romero, Lía, Silvia Mérida, Patri Díaz, Miriam, Ali Muñoz, Laura, Raquel, Patri López e Carlota.

O Deportivo ABANCA avantaxa en 3 puntos ao Real Oviedo: 37 puntos as deportivistas por 34 puntos as asturianas. Ademais, co 1-3 favorable ás branquiazuis da última xornada de 2018, se a traxectoria ligueira non se torce para ambas, obrigaría ás ovetenses a facer unha heroicidade en Abegondo no partido da segunda volta para darlle a volta ao golaverage particular, que decidiría en caso de empate a puntos.