RCD / NOVAS

Lista de convocadas do Deportivo Feminino A para o choque de mañá domingo en Vigo

19/11/2016 16:30

O Deportivo Feminino A rende visita nesta xornada undécima da Segunda División Nacional ao Atlántida de Matamá de Vigo. O encontro será mañá domingo 20 de novembro ás 16.30 no campo Penedo dá Moo, na cidade olívica.

Manu Sánchez, técnico deportivista, citou para este partido a: Anita, Malena, Faragulla, Miriam, Patri, Perdi, Raquel, Eva, Lea, Tere, María Curral, Elvira, Nuria, Estefi e Noe.

O conxunto branquiazul é segundo na clasificación do grupo primeiro da Segunda División Nacional con 25 puntos, 1 punto menos que o líder, o Oviedo Moderno, que suma 26 puntos.