RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lista de convocadas para o debut do Dépor ABANCA esta temporada en Abegondo, a porta pechada ante a Real Sociedad

Todo listo no Deportivo ABANCA de cara á visita da Real Sociedad a Abegondo, prevista para mañá domingo 11 de outubro (12:00 horas, GOL), en partido correspondente á 2ª xornada na Primera Iberdrola. O encontro será a porta pechada.

Manu Sánchez citou a 19 futbolistas entre as que cae de maneira obrigatoria Helena Torres, lesionada no vasto medio da súa perna dereita; e Ainoa Campo, con adestramento específico estes días.  A novidade respecto á pasada fin de semana é a presenza de Kenni, que se estrea nunha citación.

No rival, a Real Sociedad, regresa a ex deportivista Nuria Rábano. "Estamos moi contentos de verlle continuar a súa carreira lonxe de Abegondo. Vai ser especial para ela, que se reencontrará con Abegondo, coas súas ex compañeiras. Un partido diferente", apuntou Manu Sánchez en rolda de prensa.

O técnico deportivista alerta sobre o perigo das guipuscoanas: "É un grandísimo equipo, que se reforzou moi ben".