Lista de convocadas para o partido de mañá ante o Tordoia
Despois do parón ligueiro da semana pasada, o Deportivo Feminino A volve á competición mañá domingo 4 de decembro ás 12.00 en Arteixo. O seu rival será o Tordoia CF. Como é habitual, os socios deportivistas teñen libre acceso ao partido. Para o público, a entrada sénior custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.
Manu Sánchez, técnico deportivista, convocou a estas xogadoras: Anita, Ameneiros, Miga, Carmela, Patri, Perdi, Miriam, Eva, Ari, Lía, Tere, María Corral, Elvira, Estefi e Noe.
O Deportivo Feminino A ocupa actualmente a segunda praza do grupo 1º da Segunda División Nacional con 25 puntos, os mesmos que o Ave Fénix Racing; e a 4 puntos agora do liderado, que ostenta con 29 o Oviedo Moderno.