RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
VETERÁNS

Lista de convocados do Superdépor e do Combinado de Veteranos do Deportivo

A Comisión Organizadora do Trofeo Juan Acuña, integrada por Pachi Dopico, Luís Sánchez Doporto e Pepe Guillín, ofreceu este mediodía en rolda de prensa a lista de futbolistas que comporán o Superdépor e o Combinado de Veteranos do Deportivo que pele

O Superdépor estará formado por: Aldana, Yosu, Claudio, Mauro Silva, Elduayen, Antonio, Santi Francés, Donato, Bebeto, Canles, Voro, Fran, José Ramón, Mariano, Paco Jemez, Paco Liaño, López Rekarte, Manjarín, Nando, Ribeira, Pedro Riesco e Serna. Caeron da convocatoria por motivos profesionais Vila e Djukic (este último é o Seleccionador de Serbia sub-21 e ten partido o mesmo domingo) e Xullo Salinas, ao que un compromiso particular faralle viaxar este fin de semana a Milan. Os técnicos serán Arsenio e Ballesta. José Ángel Franganillo será o preparador físico. O doutor Barbeito, o delegado Juan Anxo Barros e o utillero Suso Méndez completan a convocatoria.
En canto ao Combinado de veteranos do Deportivo, a lista de futbolistas está formada por: Jaime Agulló, Aspiazu, Ballesta (só o segundo tempo), Bellot, Cholo, Buyo, Vicente Celeiro, Djorovic, Djalma, Javi López, Lerio, Fraco Gil, Modesto, Richard, Naybet, Pardo, Arturo Patiño, Piña, Radchenko, Hélder, Jaime, Songo'ou, Traba e Uralde. O técnico será Amancio Amaro. Como delegado actuará Luís Sánchez Doporto. O doutor será Ramón Barral e o preparador físico Javi Reyes. Javier Rego fará os labores de utillero.
Pachi Dopico, en rolda de prensa, indicou que Turu Flores, con problemas de billete, e Jokanovic, a piques de ser pai por terceira vez, tentarán estar na Coruña de curto. Tamén comentou que o Club aínda espera obter o permiso de Olympiakos para que Rivaldo xogue uns minutos o Trofeo Juan Acuña e que Irureta non asistirá debido ao bautizo dun neto.