Lista de convocados para o partido entre o Deportivo e o Recreativo de Huelva en Riazor
Joaquín Caparrós fixo pública hoxe a lista de convocados do Deportivo para recibir mañá domingo ao cinco da tarde ao Recreativo de Huelva en Riazor, e que está formada por estes futbolistas: Aouate, Manuel Pablo, Pablo Álvarez, Coloccini, Bodipo, Sergio, Riki, Adrián, Munúa, Andrade, Capdevila, Juan Rodríguez, Lopo, Barragán, Cristian, Verdú, Filipe e Iago.
canaldeportivo, A Coruña09/06/2007 13:04
O equipo concentrarase, como é habitual, mañá domingo para comer no Hotel Hesperia Finisterre. O non convocados exercitaranse no Mundo do Fútbol a partir das 10.30 horas.
Joaquín Caparrós, en rolda de prensa, manifestou que o desexo do vestiario é "despedirse facendo un bo partido e cunha vitoria". Respecto do seu futuro, emprazou aos medios de comunicación a unha reunión que terá a próxima semana co Presidente, Augusto César Lendoiro.
Ver a despedida do corpo técnico Joaquín Caparrós, acompañado polo Director Deportivo do Club, Richard Moar, e por Luciano Martín Toscano "Luci", e Javi Reyes, os seus dous directos colaboradores, ofreceu esta mañá unha rolda de prensa na sala de prensa do Estadio de Riazor.
Ás doce do mediodía de mañá xoves, o técnico Joaquín Caparrós, acompañado do seu segundo adestrador Luciano Martín, o preparador físico Javier Reyes así como o Director Deportivo do Club, Richard Moar, dará unha rolda de prensa no Estadio de Riazor.
Ver rolda de prensa de Caparrós Segunda reunión entre o técnico, Joaquín Caparrós, e o Presidente da entidade, Augusto César Lendoiro. Esta vez, o lugar elixido por ambos foi a sede do Club na Praza de Pontevedra. Tras pouco máis de 35 minutos reunidos, Caparrós, nunha rolda de prensa improvisada ante numerosos medios de comunicación, manifestou que fora "moi cordial" e que ambas as partes quedaron emprazadas para unha nova toma de contacto a principios da próxima semana, "unha vez que finalice a competición ligueira".