RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Lista do Deportivo ABANCA para disputar mañá en Xixón o Trofeo Villa de Jovellanos

Conquistada a Copa Deputación, o Deportivo ABANCA encara un novo reto de pretemporada. Mañá sábado 17 de agosto toca torneo '3 en 1', a 2 edición do Villa de Jovellanos no campo de Santa Cruz de Xixón, co Real Oviedo Femenino e o Sporting de Gijón como rivais.

Para os afeccionados, a entrada será única ao prezo de 5 euros.

A orde de partidos, de 45 minutos de duración cada un, é a seguinte:

16:15: Sporting de Gijón - Real Oviedo Femenino
17:15: Deportivo ABANCA - Real Oviedo Femenino
18:15: Sporting de Gijón - Deportivo ABANCA

Manu Sánchez convocou ás seguintes xogadoras, coa novidade de Silvia Mérida, recuperada da súa lesión: Misa, Sullastres, Cris, Laura, Noelia Villegas, Alba Suárez, María Méndez, Yamamoto, Peke, Athenea, Michelle Romero, Nuria Rábano, Silvia Mérida, Patri Díaz, Alba Merino, Gaby e Iris.

As citas de pretemporada previstas para o Dépor ABANCA, cos resultados dos partidos xa xogados, son as seguintes:

Mércores 31 de xullo, dezaseisavos de final da Copa Deputación: Once Caballeros CF 0 - Deportivo ABANCA 4 (Nuria Rábano, Kika, Peke e Noelia Villegas)
Domingo 4 de agosto: Campo de La Eragudina (Astorga), Deportivo ABANCA 0 - Madrid CFF 2
Luns 5 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación, campo da Porta Santa (Paiosaco), UD Paiosaco Hierros Añón 0 - Deportivo ABANCA 8 (Patri López -3-, Nuria Rábano -2-, Peke -2- e Silvia Mérida)
Xoves 8 de agosto: Cuartos de final da Copa Deputación, Abegondo: Orzán SD 0 - Dépor ABANCA 9 (Michelle Romero, Yamamoto, Peke -3-, Alba Suárez, Patri López, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Sábado 10 de agosto: Trofeo Teresa Herrera, Estadio ABANCA-RIAZOR, Deportivo ABANCA 1 (Alba Merino) - UD Granadilla 5
Domingo 11 de agosto: Semifinais da Copa Deputación, Municipal de Santa Isabel (Santiago), Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Patri López, Carlota, Peke e Alba Suárez)
Mércores 14 de agosto: Final da Copa Deputación, campo das Eiroas (Carballo), Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 6 (Peke, María Méndez -2- Alba Suárez, Nuria Rábano e Carlota)
Sábado 17 de agosto: Trofeo '3 en 1' Vila de Jovellanos, campo de Santa Cruz (Xixón), 17:15 h Deportivo ABANCA - Real Oviedo Femenino; 18:15 h Sporting de Gijón - Dépor ABANCA
Sábado 31 de agosto: SC Braga - Deportivo, en Braga (Portugal)