RCD / NOVAS

Lista do Deportivo ABANCA para o partido de mañá en Sevilla ante o Real Betis Féminas

13/09/2019 15:30

O Deportivo ABANCA desprázase hoxe venres 13 de setembro a Sevilla para enfrontarse ao Real Betis Féminas mañá sábado 14 ás 16:00 horas na Ciudad Deportiva Luis del Sol, con motivo da 2ª xornada da Primeira Iberdrola.

Manu Sánchez, técnico deportivista, leva a 18 futbolistas para un partido que estará marcado polo terreo de xogo, herba sintética, e as súas dimensións; ademais da temperatura en Sevilla ás 16:00 horas dun día de verán, aínda que sexa o mes de setembro.

Causan baixa por lesión Yamamoto, Érika e Silvia Mérida.

O plan de viaxe do Dépor ABANCA é o seguinte:

Venres 13 de setembro
14:40: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Sevilla
16:05: Chegada aproximada a Sevilla e aloxamento no hotel Silken Al Andalus Palace

Sábado 14 de setembro
16:00: Real Betis Féminas - Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva Luis del Sol
Ao concluír, viaxe por estrada á Coruña