RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lopo a canaldeportivo: O equipo cambiou con Lotina, pero Caparrós fixo un gran labor

Albert Lopo se confesó a Canaldeportivo. O central deportivista di ser moi feliz" no Deportivo e recordó a Joaquín Caparrós como un técnico que fixo "un gran labor" no Club.

-Chega outra tempada na que parece que Lopo está chamado a xogar un papel de xefe da defensa.
-A verdade é que a tempada se presenta moi ilusionante. Empeza xa o cosquilleo da competición, aínda que é evidente que nos falta moito aínda.

-¿Como encaixou o vestiario o cambio de técnico?

-Ben. Traballamos moito co balón e agora, o novo adestrador tentará que asimilemos canto antes conceptos tácticos. Está claro que o equipo cambiou, pero de todos os xeitos quero deixar claro que Joaquín Caparrós fixo un gran labor neste Club. E a tempada pasada, unha campaña de transición, cumprimos con fartura os obxectivos.

-¿É certo a oferta do Real Zaragoza?
-Si. Era boa para o Club e para min, pero o Presidente considerou que non era oportuno que saíse e aquí estou, feliz no Dépor.

-Con tanta mocidade, os veteranos teñen un papel máis relevante no grupo.
-A media do equipo parece que baixou, pero creo que chegou xente con calidade que compensará con iso a súa falta de experiencia en Primeira.