RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lopo cre que o partido ante o Levante ''vai marcar a carreira de todos''

Lopo aseguró esta mañana en rolda de prensa que o partido deste domingo en Riazor ante o Levante (19.00 horas) "é o partido. Non hai más volta de folla. Vai marcar a carreira de todos e é un partido que hai que gañar".

Nesta liña, subliña que é un encontro "vital para todos, para os xogadores, para o club, para a afección, para moita xente. Os xogadores non necesitan motivación extra".

O central deportivista anotou o pasado sábado en San Mamés, no tempo de desconto, o tanto que mantén ao Dépor vivo na pelexa pola permanencia: "Foi un punto moi importante. Está claro que non se vai a facer bo se non se gaña. Hai que gañar contra o Levante e facer bo ese punto, que a verdade foi un punto sufrido, traballado e cheo de alegría e confianza para afrontar o partido este ,"declarou.

Engade Lopo que foi "un gol de todos. O equipo empuxou o que non está escrito para poder sacar un punto aí e conseguiuse".

O defensor branquiazul tivo palabras de eloxio na súa comparecencia ante os medios para a afección: "Está aí cento por cento. O único que nos queda a nós é devolverlle o agarimo e todas as ganas que teñen de que o equipo se salve, como nós".