RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lopo, cun cadro de lumbalxia aguda

O central deportivista Albert Lopo non se entrenó esta tarde en Riazor co resto dos seus compañeros. Tras ser sometido a unha ecografía, os Servizos Médicos detectaron unha lumbalxia aguda, pendente de evolución nas pr&o

Por outra banda, Coloccini e Xisco, ambos cunha sobrecarga de isquiotibiais, realizaron carreira continua en Riazor. Os médicos, no entanto, son optimistas en canto á súa recuperación. Tamén Riki, cunha picada no soax, exercitouse aparte.

Mañá venres, o equipo está citado ás 10.30 no Mundo do Fútbol, nunha sesión na que está previsto que non asistan Miguel Anxo Lotina e Eduardo Domínguez. Os dous desprazaranse a Vigo para asistir ao funeral polo doutor da Selección Española Genaro Borrás, falecido esta pasada madrugada.

Eduardo López Beci, Secretario Técnico do Deportivo, tamén acudirá a Vigo en representación do Real Club Deportivo.