RCD / NOVAS

Lopo di que os futbolistas branquiazuis afrontan o derbi 'ilusionados'

Alberto Lopo confesó esta mañana en rolda de prensa en Abegondo que os futbolistas branquiazuis afrontan o derbi ante o Lugo deste sábado (18.15 horas, A Sexta) no Ángel Carro "ilusionados, con ganas de facer un bo partido, de gañar sobre todo e de sacarse o mal sabor de boca da Ponferradina".

29/04/2014 20:17

Precisamente, do choque do pasado sábado, Lopo indica que "foi un partido non para esquecer, porque hai que sacar as cousas negativas, que houbo moitas. O equipo non estivo cómodo en ningún momento. Xa se viu desde o primeiro minuto que estabamos bloqueados".

Asegura un dos futbolistas con máis experiencia do persoal que "tampouco podemos depender dos rivais. Temos que saír a gañar, nesa liña. Se cremos que está todo feito, ímolo a pasar mal. Sería unha mágoa porque falta pouco para acabar".

Por iso mesmo, insiste en que o vestiario pensa "só en gañar en Lugo. O facer contas ou números non creo que sexa bo para nós".

Centrado en lograr a meta co Dépor, o central branquiazul aparca calquera pregunta sobre a próxima tempada: "Lopo pensa no partido do Lugo, en subir, en ascender e en ser feliz. A iso vin aquí, e de momento grazas a deus está a ser así".

Máis novas de: LOPO

RCD / Noticias Relacionadas