RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lopo, ''encantado'' de seguir no Deportivo

Albert Lopo manifestó esta mañana en rolda de prensa estar "encantado" de seguir aquí no Deportivo. Esta semana, o técnico Miguel Ángel Lotina había afirmado que o central catalán sóo saldr

Lopo asegura ademais que o persoal aínda non está a pensar no partido do Santiago Bernabéu que abrirá o pano á liga 2009-10. "Antes temos un test moi importante o domingo no Estadio Reyno de Navarra", apunta.

Iso si, o feito de haber un parón nada máis xogarse ante o Real Madrid, "vai facer que esteamos moi fodidos se perdemos ou moi contentos se gañamos".

Esta mañá, o persoal do Deportivo adestrouse no Mundo do Fútbol. Taborda, con malestar xeral, marchouse ao seu domicilio sen adestrar. Pola tarde haberá de novo adestramento en dous grupos, a partir das 17.45. Será unha sesión fundamentalmente de ximnasio.