RCD / NOVAS

Lopo: Gañar en Granada sería un paso importante para empezar con forza

Alberto Lopo aseguró esta mañana en Cali, nada más coñecer o resultado do sorteo do calendario de Liga, que "gañar en Granada sería un paso importante para empezar con forza".

24/07/2014 20:53

O central deportivista cre que o primeiro partido en Granada "pode marcar como serán os seguintes".

Laure, un dos capitáns, define o calendario como "ilusionante". Recoñece que o primeiro derbi, en mércores, "non é bo, pero seguro que as dúas afeccións estarán alí".

Da recta final, con Atlético de Madrid, Athletic de Bilbao, Vilarreal e Barcelona como rivais, Toché opina que "o comezo é máis factible". Por iso, o dianteiro deportivista di que "hai que chegar cos deberes feitos".

Máis novas de: LOPO, LAURE, TOCHÉ