RCD / NOVAS

Lopo, lixeiramente cargado de isquiotibiais, retirouse antes de tempo por precaución

Albert Lopo, que acabó o partido do pasado sábado en Sevilla cunha sobrecarga nos isquiotibiais, finalizó antes de tempo o adestramento desta mañana do Deportivo no Mundo do Fútbol. Os médicos deportivistas non queren correr ningún tipo de risco nun futbolista que leva dous partidos completos xogados nunha semana después de estar case tres meses de baixa. No adestramento desta mañana participó xa o sueco Wilhelmsson, recuperado da gripe coa que aterrizó en Galicia o pasado sábado.

05/02/2008 13:20

Tamén están fóra do grupo Cristian, que segue con molestias nun xeonllo, e Gardado. Coa Selección Española Sub-21 atópanse os dianteiros Adrián López e Xisco; e con Israel Dudu Aouate.

Mañá mércores o persoal deportivista adestrarase en dobre sesión. A matinal arrincará no Mundo do Fútbol ás 10.30 horas. Pola tarde será no Estadio de Riazor, a porta pechada.

Máis novas de: LOPO

RCD / Noticias Relacionadas