RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lopo: Non me arrepinto para nada de fichar no Dépor. Estou moi a gusto aquí

Albert Lopo, un dos centrais de moda do fútbol español, compareceu esta mañá na sala de prensa do Mundo do Fútbol.

-Falouse moito de se Coloccini, Lopo e Andrade, e polo que se viu esta mañá xogades o tres, con Colo de lateral destro.
-Bo é unha posibilidade e xa veremos o que pasa. Se xogamos pois a apoiarnos ao máximo.

-Como levas o feito de que viñese o pai de Coloccini a dicir que se non xoga vaise?
-A min iso non me incumbe. Eu só penso no ben do equipo e en facelo ben cando o adestrador nos saca ao campo.

-Ves á Real Sociedade descendida?
-En absoluto. Quedan moitos puntos aínda. Eu tamén pasei por situacións difíciles e é necesario sumar canto antes de tres en tres.

-Sería un fracaso non gañar en San Sebastián?
-Non. Eles demostraron que poden xogar ao fútbol.

-Como se motiva un polo feito de xogar ante un rival que só marcou 13 goles?
-Facendo un o seu traballo como sempre e saíndo por exemplo saímos en Vilarreal.

-O Deportivo apuntouse á Intertoto, que opinion meréceche?
-Pois é unha decisión que tomou o Club e nada máis. A xogala se nos toca.

-Como levas iso de xogar no verán?
-A un faralle máis graza e a outra menos. Pero insisto que é un tema do Club que temos que respectar.

-É este o Deportivo que che esperabas?
-Eu non me arrepinto en nada de vir ao Deportivo. Sabemos que ía ser un ano difícil porque se foi moita xente e veu moita nova.

-Parece ser que a meta do equipo é a UEFA, ben gañada a través da liga, a Copa do Rei ou a Intertoto.
-O noso obxectivo debe de ser o partido do domingo. Esa é a nosa meta de verdade.