RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lopo: O do domingo en Sevilla vai ser un partido de moita esixencia

Albert Lopo foi o autor do gol que valió o último triunfo fóra de casa do Deportivo en Liga. Foi a finais do añou 2009, en Santander. "Non me acordaba dese dato. Ojalá podamos repetir o domingo e sobre todo que todos os pa

-A priori, o Estadio Sánchez Pizjuán non é o máis idóneo para puntuar dada a entidade do rival.
-O Sevilla é un gran equipo. Pero no fútbol viuse de todo. Gañáronlle ao Levante sobradamente pero en casa tiveron problemas durante a pretemporada. Nós imos xogar como sabemos e a partir de aí o que sexa será.

-¿É un bo test para o futuro ou haberá que esperar uns partidos?

-É pronto. Pero é certo que o partido do domingo é de moita esixencia. O Sevilla é mellor que o Zaragoza e co Zaragoza sufrimos, así que en Sevilla será peor. Pero bo, é nestes partidos cando se ten que ver ás fichaxes novas e ao equipo en xeral.

-¿Que recortes colles do primeiro partido?

-O principal é manter a portaría a cero. O Zaragoza xogounos moito á contra e nós non atopabamos espazos para sacar o balón xogado desde atrás.

-Teredes o centrais traballo extra cos balóns colgados.
-De mediocampo para arriba teñen xente moi boa e nas bandas ten bos futbolistas. Hai que estar fortes porque calquera cha pode lear.

-O pasado domingo houbo unha xogada na que desbordan a Manuel Pablo, el deuche un berro e saíches como unha bala a cortar a pelota.
-Para iso estamos, para axudarnos. Se algo ten o Dépor é un equipo con moitas axudas e éso valeunos estar arriba.

-¿Vos marcais un prazo para estar ben?

-Non. Durante a tempada haberá de todo. Momentos que xogues mellor e non gañes e que xogues peor e gañes. Tentaremos xogar ben ao fútbol e gañar, que non é fácil. Buscamos unha liña e unha identidade, como nos sucedeu o ano pasado, pero non somos o Barcelona, que é o mellor equipo da liga.

-Dixeches en rolda de prensa que o mellor sistema é o 4-2-3-1 e meu dito meu feito, Lotina cambiou de debuxo.

-Nós temos varios sistemas que nos podemos adaptar, pero o de sempre é o que máis a gusto está a xente. Pero eu non pinto nada, nin son adestrador nin nada. Ademais, son da opinión que son os xogadores os que fan bos os sistemas.

-Esta tempada acabas contrato. Está claro que canto antes se resolva o teu futuro moito mellor. Non sei que idea tes.

-Isto acaba de empezar. As negociacións comezaran pero paráronse. Estou aquí moi a gusto e gustaríame continuar. Pero repito que agora seguro que hai cousas máis importantes. En canto haxa algunha novidade, eu serei o primeiro en dicilo.