RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lopo pide 'manter a concentración' no Estadio Sánchez Pizjuán

var ivPlayer974147 = new IVPlayer("350", "263",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer974147.playVideo('player974147', 'rp_lopo_abegondo_10_03_2010_ts.mpg', fa

Cualifica ao equipo hispalense como "rival directo" na loita por Europa, á vez que eloxiou ao Sevilla, cun "persoal moi amplo", formada por grandes "xogadores".
 
Coincide ademais o central deportivista con Lotina á hora de esixir ao persoal: "Temos moita marxe de mellora porque entre outras cousas no vestiario hai xente moi nova".
 
A pesar de que a cuarta praza está a só dous puntos, posición que precisamente ocupa o Sevilla igualado a puntos co Mallorca, Lopo prefire ir "pasito a pasito cada domingo, que é o que ata agora nos deu mellor resultado".
 
Por fin, sobre a súa renovación, Lopo cualifica de primeira "toma de contacto" a súa conversación inicial co Dépor para prolongar o seu contrato, e lembra que "o Presi sabe que estou moi a gusto aquí e que estou aberto a seguir".