RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lopo, tallante sobre os obxectivos do Dépor: Queremos salvarnos canto antes

Alberto Lopo cumplió o pasado domingo ante o Espanyol 200 partidos oficiais vestindo a camiseta do Deportivo. Superó xa os 400 en Liga no seu paso por Espanyol, Dépor e Xetafe. "Para mí era un sueñou cando un de peq

De todos eses partidos vestindo a camiseta deportivista, destaca Lopo o Barça - Dépor da pasada tempada, que acabou en empate (2-2) e que supuxo a salvación do equipo: "Por desgraza non gañei nunca unha Liga pero pódoche asegurar que aquel partido foi unha liberación enorme e unha alegría moi grande polo que significaba e polo escenario que era tamén".

Cre que o equipo este sábado 3 de outubro nos Cármenes de Granada (18.15, Canle + Liga / Abono Fútbol) ten que "ir a por a vitoria". Pide ademais que "non nos entre esa relaxación por estar aí arriba. Sería o peor erro que poderiamos cometer".

Opina que o Dépor debe aproveitar a ansiedade do Granada, "porque eles van querer gañar, como é normal, e máis na situación na que están".

Advirte un dos futbolistas con máis experiencia do vestiario do Dépor que "chegarán momentos malos, como é lóxico en todos os equipos ao longo dunha tempada. Chegan baixóns e aí é cando hai que estar preparados, para cando veñan ser fortes".

Preguntado Lopo sobre se cre posible que o Deportivo sexa o novo equipo revelación desta tempada, o defensor foi tallante: "Nós queremos salvarnos canto antes. Se facemos as cousas ben como estámolas facendo, mellor que mellor".