RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: A afección do Dépor foi exemplar co equipo arriba e agora seguro que tamén o será

Miguel Ángel Lotina lanzó esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol unha mensaxe ao deportivismo. O técnico vasco está convencido de que os pitos desaparecerán de Riazor, "polo menos mentres est

Ademais, o adestrador deportivista deixou entrever que repetirá o mesmo equipo de Montjuic, "co que acabei moi contento". Lotina enxalzou ante os medios de comunicación a:

Aouate: Estivo ben en Barcelona, pero ninguén ten o posto garantido. Nin eu mesmo. Munúa está a traballar tamén moi ben"

Manuel Pablo: "está moi ben en ataque e defensa e ademais xoga xa no seu posto, a dereita"

Filipe: "é un xogador que nos dá saída de balón. Xoga ben a pelota e non a perde. E é aplicado en defensa"

Adrián López 'Piscu': "Demostrou que é un mozo moi maduro e si xogará en Sevilla. Alégrome moito por el. E con Kanouté enfronte".

O centro do campo que xogou en Montjuic, Sergio, De Guzmán, Lafita e Gardado e a defensa, Manuel Pablo, Filipe, Adrián e Coloccini: "o único erro que cometeron en todo o partido foi o gol de Tamudo".

Xisco: "estou moi satisfeito coa súa actuación co Espanyol e o lóxico é que repita".

Lotina agarda que a lesión de Lopo "sexa un par de semanas. Pola experiencia que tiven con outros xogadores con esta lesión" e cre que agora o vestiario "ten que ser valente para asumir a nosa situación e sacar ao equipo de aí". Para o máximo responsable técnico do persoal, "é atrevido aventurar xa", que o Deportivo estará o que resta de tempada en postos de descenso.