RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: A forma máis directa de gañar é xogar ben ao fútbol

Miguel Ángel Lotina defendió esta mañana no Mundo do Fútbol o traballo do seu equipo ante o Betis. "Eu vin o partido onte (luns) e creo que estivemos a un gran nivel". É más, o técnico branquiazul apunta

Esta mañá, o adestrador do Dépor volveu reiterar a súa filosofía de equipo: "Aquí o que importa son os resultados. Pero nós consideramos que para gañar, a forma máis directa é xogar ben ao fútbol". Por iso, Lotina aposta por un Dépor "duro e ata contundente ás veces en defensa e que ademais teña a posesión do balón".

Respecto dos lesionados, indicou que Taborda "xa realizou parte do adestramento de hoxe. Pola tarde descansará e se está ben, mañá xoves traballará xa con todos. E Xisco empezará a meterse ao grupo nos próximos días". Así mesmo, eloxiou ao rival do domingo, o Xetafe, un equipo que "o domingo lle pegou un repaso ao Espanyol, aínda que ao final perdeu por un gol ao final do partido cando estaba con dez xogadores".