Lotina asinou esta tarde a súa renovación polo Deportivo
Miguel Ángel Lotina e o Presidente Augusto César Lendoiro asinaron hoxe xoves pola tarde a renovación do adestrador vasco para a tempada 2010-11.
Ademais de Lotina, José Luís Ribeira e o preparador físico Eduardo Domínguez, dous dos seus máis estreitos colaboradores, tamén selaron a súa continuidade no Deportivo para a próxima campaña.