RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Coloccini é un gran xogador, novo e con talento. O que o queira ten que pagalo

 "Todo vai según o previsto", desta forma o técnico deportivista, Miguel Ángel Lotina, hacía balance da primeira semana de pretemporada. "O más importante é que non tivemos contratempos físicos

O técnico deportivista reiterou que cando finalice a concentración de Vilalba empezará a perfilar o persoal definitivo. "Ás veces é moito mellor que un xogador salga e creza noutro equipo. Iso é bo para el e para o club", razoou Lotina, que lembrou como Tamudo, "hoxe unha referencia no fútbol español, estivo cedido no Arabés, onde apenas xogou, e no Lleida". Dixo ademais en rolda de prensa que interesa reforzar "o lateral zurdo, o mediocentro e a mediapunta. No caso dos dianteiros estou relativamente tranquilo. Chegan Xisco e Rubén, que fixeron tempadas interesantes noutros clubs, tamén está Adrián, Bodipo..."

         Respecto ao tema Coloccini, Lotina desvelou que tivo un par de charlas co futbolista. "Explicoume a súa situación, que pode ser unha boa oportunidade para el, pero díxomo sen volverse tolo. Todo o mundo sabe que é un bo profesional que se debe ao Deportivo. O que ocorre é que é un central de moita calidade, nova e éso ten un prezo no marcado", engadiu. Lotina confesou que o Presidente "ten xa un par de centrais de recambio polo si ou polo non". Apuntou finalmente que o desexo do adestrador do Dépor é quedar con dous xogadores por demarcación.