RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Do Deportivo só me podo queixar da clasificación

Miguel Ángel Lotina manifestó esta mañana na sala de prensa sentirse "capacitado" como adestrador do Deportivo. "Agora mesmo sópénsoo en preparar o mellor posible o partido do domingo e gañar ao Valladolid",

Confesou que medita un cambio de sistema, con tres centrais e dous carrileros, "porque temos que reactivar algo. Só gañamos un partido en toda a primeira volta". Indicou que o Club "tentará traer a dous xogadores importantes, aínda que agora mesmo non se como están as negociacións".

Opina que o Presidente Lendoiro "seguro que ten defectos pero ten unhas virtudes que son pouco usuais nos dirixentes de fútbol". Mostrouse Miguel Anxo Lotina convencido de que "Lendoiro é o primeiro que quere que se salve o Dépor e ademais con Lotina de adestrador".

Respecto das situacións de Gustavo Munúa e Aouate, Lotina manifestou que teñen as portas abertas "sempre e cando cumpran os requisitos que lles impuxo o vestiario e que creo que non cumpriron. Pero se o persoal, e aí estamos todos, din que volva un, outro ou os dous, eu non terei ningún problema".