RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Este Club coas axudas que ten, cero, ten un mérito tremendo estar en Primeira División

Miguel Ángel Lotina manifestó esta mañana na rolda de prensa previa ao encontro ante o Osasuna, que "todas as tempadas son complicadas. Este Club, coas axudas que ten, é dicir, cero, ten un mérito tremendo estar en Primeir

Sobre o partido de mañá ás 20.00 horas en Pamplona, Lotina confirmou á titularidade para outro novo canteirán, David Añón, quen a punto estivo de marcar o pasado sábado ante o Zaragoza, posto que o seu cabezazo foise ao traveseiro da portaría do zaragocista Roberto. "Cremos que é un partido que lle pode ir ben e ademais queremos ver cousas", explicou Lotina refiriiéndose a Añón.

Opina Lotina que esta tempada non será lembrada polos afeccionados polas series negativas de partidos sen gañar ou xornadas sen marcar, senón que polo "debut dunha chea de xente da casa como Sé, Juan Domínguez, Raúl, Añón, Rochela, se finalmente eles dan o salto definitivo a Primeira División".

Pola súa banda, David Añón, tamén na sala de prensa de Abegondo, afirmou que "temos moito que agradecerlle ou míster pola oportunidade que nos dá". Asegura que a posición na que probablemente sairá mañá, a banda esquerda, non é descoñecida para el "porque xa xoguei por aí no Fabril e nos Montañeiros. Dáme igual unha banda que a outra". Acabou a súa comparecencia ante os medios cunha curiosidade, o día do partido do Milan de cuartos de final da liga de Campións, un partido que pasou á historia do deportivismo polo 4-0 que asombrou a Europa, Añón estaba de recogepelotas en Riazor. "Naquela ocasión non tiven a oportunidade de pedirlle un autógrafo a Pandiani (agora no Osasuna). Pero mañá se teño a ocasión si", chanceou este coruñés do Barrio de Adormideras.