RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Estes dous próximos partidos ímolos a tomar con seriedade

Miguel Ángel Lotina manifestó esta mañana en rolda de prensa que os dous últimos partidos de pretemporada, ante Olympiakos e Lazio, "ímolos a tomar xa con seriedade. O Olympiakos acáballe de meter cinco goles á Roma. Non é

Mostrouse o técnico vasco "optimista" con Dani Aranzubía en canto á súa recuperación da súa lesión: "Véxoo con mellor cara". Desvelou que non irán de xira Lassad e Urreta, aínda que confía en recuperalos para o inicio da competición ligueira.

Sobre os reforzos, Lotina indicou que o Club baralla varias alternativas para o lateral zurdo. Unha delas é a de Muniesa ou Planas, dous laterais zurdos do Barcelona B. "Os técnicos do Barça serán os que deben elixir se prefire que un deles xogue en Primeira connosco ou se pola contra cre que é conveniente que queden no filial en Segunda División". A opción do dianteiro, segundo o adestrador branquiazul, vai aínda máis amodo.