RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Estou contento pero temos moito que mellorar

Miguel Ángel Lotina compareció esta mañana ante os medios informativos no Mundo do Fútbol. -¿Qué lle pareció Wilhelmsson no seu primeiro adestramento? -Ben. É un futbolista moi ofensivo, que nos va

-Coa lesión de Gardado, ¿podería ter unha oportunidade este sábado?
-Imos velo esta semana. Verdú fíxoo moi ben tamén o outro día en Sevilla. Mañá mércores xogaremos un partido en Riazor e sacaremos conclusións.

-¿Como o ves fisicamente?
-Ben. Non ten ritmo pero non vai ter problema.

-Un respiro na táboa o saír do descenso.
-É importante psicoloxicamente. Pero o que eu destaco é que o equipo se atopa máis cómodo con balón e sen balón. A xente esta está con máis confianza e iso hai que aproveitalo.

-A impresión agora é que ao equipo cústalle chegar arriba.
-O cambio de sistema seguro que algo ten que ver. Pero tamén a actitude. En faltas e balóns divididos imos con máis convencemento.

-E á hora de atacar, máis altura.
-Evidente. O tres centrais van moi ben por arriba, do mesmo xeito que por exemplo Juan Rodríguez.

-¿Segue vendo ao equipo con escaseza de gol?
-O outro día creamos moitas ocasións e chegamos a porta. En xeral estou contento co novo sistema pero aínda temos moito que mellorar.

-A lesión de Gardado si que é un golpe duro.
-Si. Neste sistema ten moitos máis espazos. É moi vertical e crea moito perigo.

-¿Sorpréndelle a súa capacidade goleadora?
-Sorprendeunos moitas cousas del. Ata o seu compromiso co equipo, que foi o que lle fixo arriscar en Sevilla e por iso lesionouse. Eu falei con el e comentoume que quería xogar, que estaba ben, pero enganoume, porque non estaba para xogar.

-¿Temes que o equipo se rejale agora?
-Non. Díxenlles aos xogadores que hai moito que mellorar. Este sistema ten algunha lagoa. Mañá pola tarde faremos un adestramento técnico-táctico.

-¿Pode axudar o feito de que sexa o único equipo da liga que o utiliza agora mesmo?
-É evidente que aos rivais é un sistema que lles crea problemas.

-¿Que lle parece o Xetafe?
-Un equipazo. Xoga moi ben ao fútbol, ten moito persoal. Sorprendeume fóra de casa. É dos que xoga mellor ao fútbol.

-Fala de mellora defensiva, ¿que é o que ten que mellorar o equipo?
-Pois por exemplo non defender tan atrás como facemos algunhas veces. Temos que situarnos máis arriba, sobre todo ao principio.

-¿Está contento con Pablo Amo e Lopo?
-Moi contento cos dous. Lopo tivo esta mañá un pequeno problema muscular que espero que non lle cre maiores problemas.

-E Fabricio, ¿falou xa con el?
-Fíxoo José Sambade, o preparador de porteiros. É certo que tivo un fallo o outro día, pero a min deume unha sensación de porteiro tremenda. Ademais, en fútbol, a xogada máis importante é a seguinte. Unha vez que fallaches xa non ten arranxo, e el baixou un pouco a cabeza o sábado despois dese fallo. Pero non pasa nada pola idade. No Valladolid está a xogar Asenjo e eu fixen debutar a Kameni no Espanyol con 20 anos.