RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Estou de acordo co presi, temos calidade para facelo mellor

"Non quero engañar a ninguén. Os que estamos ahí dentro (señalando o vestiario) somos os responsables. Metémonos/Metémosnos neste líou e imos saír sí ou sí". Así de rotundo foi Miguel Ángel

O técnico deportivista mostrouse de acordo co Presidente, que onte afirmaba que o persoal está "entre o dez ou doce mellores da liga". "Estou de acordo co Presidente. Temos calidade para facer as cousas mellor", comentou Lotina, que desvelou unha reunión onte martes mesmo, co Lendoiro. "É unha persoa que dá gusto falar con ela. É moi sosegado e analiza moi ben os problemas", engadiu Miguel Anxo Lotina.

Respecto dos posibles reforzos co mercado de Inverno, Lotina recalcou: "Non quero enganar a ninguén. Este persoal ten calidade dabondo. Ou sexa que reforzos xa se verá ao seu debido tempo".

Insistiu o adestrador do Deportivo no apoio do deportivismo: "Estamos moi contentos co respaldo do noso público. Para nada sentímonos presionados. Cústame saír á rúa na Coruña e mirar á xente á cara", concluíu.