RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Estou gratamente sorprendido coa madurez da canteira do Deportivo

Miguel Ángel Lotina manifestó esta mañana en rolda de prensa no Estadio de Riazor, xusto antes de viaxar a Valencia, estar "gratamente sorprendido coa madurez da canteira do Deportivo". "Todos (Seoane, Raúl, Juan

Engadiu ademais que Juan Domínguez, un futbolista que o Club acaba de atar ata o ano 2013, "é xa un xogador de Primeira División"; e que solicitará ao Presidente a renovación de Adrián López 'Piscu', "ben para que quede connosco con máis presenza ou, se quedan o resto de centrais, irse cedido a un Segundo ou mesmo a unha Primeira División para que xogue".
 
O adestrador deportivista extraeu unha conclusión positiva das numerosas lesións que sufriu o equipo nesta segunda volta da liga: "Permitiunos a posibilidade de ver a moita xente que en caso contrario non puidésemos ver", dixo.
 
Sobre o choque de mañá sábado ás 22.00 horas en Mestalla (A Sexta) ante a Valencia, Lotina advirte que o Deportivo sairá a por o partido: "Sempre que salgues a un campo hai un escudo, unha dignidade, unha imaxe..." Revelou ademais que o once será moi similar ao de Copa do Rei que precisamente venceu en Valencia (1-2), coas baixas por lesión de Filipe e Gardado, naquel partido titulares na banda zurda.
 
Valorou tamén moi positivamente a posible renovación de Riki, que podería facerse efectiva a próxima semana: "Sería unha gran noticia para o Club e un acerto tremendo. O vestiario ademais quérelle  moito".