RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Fixémolo mal e queremos levantarnos. Para nós o Calderón é unha proba

Miguel Ángel Lotina compareció este mediodía en rolda de prensa no Mundo do Fútbol, antes de viaxar a Madrid para medirse mañana á Atlético de Madrid. "Fixémolo mal e queremos levantarnos. Para nós é unha pro

-¿Pódesnos explicar que significa esta frase túa de que 'non sabemos a que xogamos'?
-Xa o expliquei esta semana. Ao non ter a Filipe nin a Gardado perdemos a nosa maneira de xogar. Fóra de casa nótasenos menos pero en Riazor temos que levar o peso dos partidos.

-¿Porqué xógase en Xixón ben e logo mal en casa?

-Insisto en que é porque temos que levar o peso do partido. Comprobamos que ao non ter a ningún zurdo no equipo, xogamos sempre pola dereita.

-Agora con Gardado recolócanse un pouco as pezas.
-Cando non está Gardado nin Filipe poden xogar por aí Pablo Álvarez, Lassad, pero non é o mesmo. Agora, con Gardado temos máis compensado o equipo neste aspecto. Laure defende moi ben como puidestes ver en Sevilla ou en Xixón pero en ataque ten problemas ao virar...

-¿É o partido do Sevilla a referencia para  mañá?

-O rival non é igual. É máis, nin parecido.

-Haberá que ter coidado con Forlan e Agüero ao contragolpe.

-É un dos problemas que crea o Atlético de Madrid. Non se se sairán de inicio os dous porque teñen o partido da Europa League pero o lóxico é que coincidan nalgún momento do partido. O Atlético ten xente moi rápida que funciona moi ben á contra.

-¿Poderalles afectar o cansazo do pasado xoves?

-Sempre distrae un pouco. Pero se imos pensando niso, empezamos a perder o partido.

-Unha derrota mañá domingo sería un pau duro ás aspiracións europeas.

-É evidente que fallamos porque se sumásemos seis dos últimos puntos estariamos en postos de Liga de Campións. Agora quédannos nove partidos con moito en xogo.

-Parece que Riki empezará no banco.
-Si. En principio vai seguir Adrián. Estou moi contento con el aínda que Riki tamén está moi ben. Non por acumular moitos homes arriba atácase máis.

-As lesións impedíronche repetir equipo durante toda a liga.

-Fomos o equipo máis castigado polas lesións con moita diferenza. Hai algunhas de mala sorte, caso de Filipe, Pablo Álvarez ou Juan Domínguez. Pero con outras estou máis preocupado, caso de Mista ou Lassad. E non lle boto a culpa aos médicos. Un sempre quere ter xogadores que estean o máximo tempo posible a disposición do míster e non oito ou nove partidos ao ano. Estou preocupado pero por eles.