RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Imos mellorando conforme avanza a pretemporada

Miguel Ángel Lotina salió moi satisfeito do Cardiff City Stadium ao acabar o encontro ante o conxunto galés. "Foi unha proba interesante. Desde logo mereceu a pena vir ata aquí porque nos enfrontamos a un equipo con ritmo&

Ao adestrador branquiazul gustoulle "moito" o equipo cando tivo o balón, a maior parte do partido: "Faltounos algo arriba pero estou moi satisfeito por como o fixemos coa pelota". Sobre os dous debutantes, Rubén Pérez e Dioni, Lotina viunos "ben". "A Rubén gústalle moito a pelota e pódenos achegar moitas cousas. Ten que mellorar nalgúns aspectos". Sobre Dioni afirmou ver "o que me esperaba del".

Cre finalmente que "imos mellorando conforme avanza a pretemporada", resumiu Lotina.

Ao acabar o encontro, e unha vez reposto forzas no hotel Vale de Cardiff, os 18 futbolistas tiveron un par de horas libres para, os que quixesen, visitar Cardiff.