RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: No momento no que recuperemos xente, imos ter máis opcións

Lotina repasó esta mañana a actualidade deportivista na súa comparecencia habitual antes dos partidos ante os medios de comunicación..

-¿Lopo ten algún problema físico? Retirouse antes de acabar o adestramento de hoxe.
-Anda con algunha molestia física (na zona do glúteo). Pero é o posto onde estamos máis tranquilos. Temos a Ze Castro, Piscu, Rochela...
 
-E Juca a Brasil.
-Neste caso son os doutores os que teñen a palabra, aínda que eu son o máximo responsable final. Lassad pediume permiso a min, e Juca veu aos médicos a min.
 
-Non son os únicos casos. Hai pouco Ze Castro viaxou tamén a Portugal..
-Ze estaba só aquí, e necesitaba á familia.
 
-¿Tes claro o sistema de xogo de mañá en Xixón?
-Imos ver como está a xente mañá mesmo. Cando se perde un partido no que tiñas posto moitas ilusións, os xogadores non descansan ben.
 
-¿Vai o equipo con certo aire de desquite tras a derrota ante o Valladolid?
-Creo que este equipo demostrou que é capaz de levantarse nos malos momentos.
 
-Falábase dun partido duro o do Valladolid. ¿Como será o de mañá ante o Sporting?
-Pois complicado. Eles están a xogar ben. Son  un equipo ofensivo e con chegada.
 
-E ademais colleulle a medida ao Deportivo.
-A tempada pasada perdemos os dous partidos. Este ano empatamos na primeira volta pero creo que fomos superiores.
 
-Manuel Pablo falaba na zona mixta do Estadio de Riazor de exceso de confianza ante o Valladolid.
-Cando se perde sempre se tentan buscar cousas. O certo é que se marcamos nós aquela de Juan Rodríguez, ou a de Adrián... pois nos xuntamos máis e gañámoslles o partido.
 
-¿Ten o equipo medo escénico de postos de Liga de Campións?
-Non. Somos un equipo con defectos e moitas virtudes.
 
-¿É un golpe quedar fóra de postos europeos?
-Opino que non. A semana pasada foi especial polo que lle pasou ao Sevilla. Pero nós, canto mellor escondidos esteamos, moito mellor. Non me preocupa para nada estar agora fóra sempre e cando esteamos preto. Está claro que no momento no que recuperemos a todos, imos ter máis opcións.
 
-¿Ves Gardado para o domingo?
-Imos esperar a súa evolución. Segundo a sensación que teña o xoves ou o venres decidiremos.