RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: O presidente sempre me fixo caso e eu non pedín de momento a ningún futbolista

Miguel Ángel Lotina compareció esta tarde en rolda de prensa no Mundo do Fútbol. O técnico vasco dejó ben claro que "nós sempre queremos xogar en Riazor. A afición é intelixente e sabe que lles necesitamos. E

 Tamén manifestou que de momento non pedira ningún futbolista para decembro. "O Presidente sempre fixo o que lle dixen e por agora non pedín nada. Desde logo se vexo que fai falta seguro que serei o primeiro en dicilo", comentou, incluíndo nesta afirmación ao lateral esquerdo: "Tanto Manuel Pablo como Filipe son dous laterais de moi alto nivel. Por menos de tres millóns de euros non atopamos a ninguén como eles", engadiu.

          Lotina asegurou que hai opcións de que se repita o mesmo equipo que derrotou ao Sevilla no Sánchez Pizjuán, e, nesta liña, desvelou que Adrián "non xogou co filial porque eu pedinllo ao adestrador do Deportivo B. Adrián é agora mesmo moi importante para nós". O sábado ante a Valencia en Riazor, Lotina cre que o Deportivo se xoga "tres puntos e moitas cousas máis, como confianza..."

          Por último, o técnico deportivista referiuse á posibilidade de que Gardado xogue o Preolímpico: "Unha cousa é cedelo para un partido no que llo xoguen todo, pero non é de sentido común que liberemos tanto tempo a un futbolista tan importante para nós, sabendo ademais que non é obrigatorio. Outra cousa é que fose un rapaz de 18 ou 19 anos, pero Gardado xa é un xogador consagrado", finalizou.