RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: O único que me preocupa é que o equipo mellore en cada adestramento

Miguel Ángel Lotina se mostró rotundo esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol respecto da falta de gol do seu equipo, que todavía non estreou a súa marcadora nesta Liga: "O único que me preocupa é qu

Defendeu a titularidade de Adrián en prexuízo por exemplo de Riki, máximo goleador en pretemporada: "Como vedes nós xogamos cunha só punta. Adrián é un dianteiro de referencia, que tamén cae a bandas aínda que a orde que ten é de situarse no centro. Riki, aínda que cada vez éo máis e de feito así o fai nos adestramentos, é máis segundo dianteiro". De todos os xeitos, o técnico branquiazul mostrouse encantado tamén co dianteiro madrileño: "A miña relación con Riki é excelente. Xa o vedes, é todo corazón. Se tivese que facer unha aliñación co corazón, Riki xogaría sempre. Pero ás veces hai que tomar decisións tendo en conta outros factores".

Lotina cre que Aranzubía poderá chegar en condicións de xogar o luns ante o Xetafe e advertiu que meditará darlle a titularidade ou non en detrimento de Manu ao longo da semana.