RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Recorremos pero pagarei por un erro alleo

Miguel Ángel Lotina se disculpó esta mañana en rolda de prensa pola súa incomparecencia pública después do partido de onte martes no Molinón ante o Sporting. "Pido perdón sobre todo aos medios locais,

Cualificou o técnico vasco como "a clave" do partido a xogada que motivou a súa expulsión, no minuto 87, ao sinalizar Rubinos Pérez, a instancias do seu xuíz de liña, un fóra de xogo a Adrián inexistente pois saíu do seu propio campo que lle deixou só ante a meta Juan Pablo, con 1-1 no marcador: "Para min marcou o partido. Si é certo que a miña expulsión é xusta por protéstalas pero pagarei por un erro alleo".
 
Precisamente esta é a razón pola que Lotina quere que o Club recorra a súa expulsión ante o Comité de Competición da Federación Española de Fútbol: "Sei que vou ser castigado pero tamén queremos deixar claro que todo nace dun erro alleo".
 
De todos os xeitos, puntualiza que o partido de Xixón acabouse, "todo o que pasase quedou aí", e hai que pasar páxina, aínda que subliña que o vestiario se mostra "impotente" por todo o sucedido.
 
O domingo ante o Xetafe, Eduardo Domínguez sentará no banco de Riazor, posto que Ribeira, segundo adestrador, tamén foi expulsado en Xixón. "Tentaremos que poida acompañalo Franganillo", o outro preparador físico do primeiro persoal.
 
Chanceou cos medios de comunicación na que é a súa terceira expulsión da tempada: "Destaco un pouco máis que os demais porque son calvo. Entón os árbitros miran ao banco e ven ao calvo protestando e expúlsano". Recalca tamén que a súa relación cos árbitros é "boa, mesmo con aqueles que me expulsaron".
 
Tamén lembrou que "polo menos desde que estou no Deportivo somos o equipo menos tarjeteado da liga co Real Madrid e o Barcelona. E ésto non é unha casualidade"; á vez que desvelou que os seus xogadores teñen que pagar multas por protestar ao árbitro: "Téñeno prohibido. E seguirano tendo prohibido".