RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Temos un vestiario comprometido, que cre no que fai e está a gusto no Club

O Deportivo realizó esta mañana na Cidade Deportiva da Valencia o último adestramento previo ao partido ante o Levante, mañana domingo ao cinco da tarde. Miguel Ángel Lotina desveló que horas antes do choque visit

-Parece que as choivas poden condicionar a formulación.
-Está a chover moito e o certo é que non sabemos o campo que nos imos a atopar.

-¿Podería facerche cambiar de idea?
-Podería. Nós temos xogadores que nestas situacións manéxanse mellor. De todos os xeitos espero que o campo estea en boas condicións.

-Hoxe non probou equipo.
-Si, é certo. Fixemos un adestramento de viveza, en espazos curtos. O campo estaba brando e non quixemos correr ningún tipo de risco que suporía cargar á xente ou sufrir un resbalón.

-¿Que lle pareceu a achega de Lafita?
-Gustoume Lafita. É probable que poida xogar mañá.

-A situación dos dous equipos é mala na clasificación.
-Nós estamos mal na táboa, pero temos un grupo comprometido que cre no que está a facer e que está a gusto no Club. O Levante ten outro tipo de problemas que eu tamén desgraciadamente vivín como xogador.

-Este tres puntos parece que teñen un valor estratéxico importante.
-Evidentemente se gañamos situámonos aí cunha chea de equipos.

-Pode ser crave mañá Juan Rodríguez, se o campo está moi mal.
-É un xogador moi potente, que nos achega moito tamén no xogo aéreo. Desde logo se o campo está moi mal, ten máis posibilidades.