RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Todo o mundo no Dépor está coas pilas postas

Miguel Ángel Lotina compareció esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol a raiz do apoio recibido polo primeiro equipo a cargo dun centenar de afeccionados na bancada de Abegondo. O técnico vasco leió o seg

"Bos días a todos. Só quería compartir convosco unhas reflexións que me suxeriu a presenza dos nosos afeccionados no adestramento de hoxe. Simplemente quérovos transmitir que me conmoveu o seu apoio ao equipo, e falo un pouco en nome de todos para dicirlles aos nosos afeccionados que lles estamos moi agradecidos polas mostras de agarimo e de respaldo que estamos a recibir a pesar de que o comezo da liga non foi o que todos desexaramos. Non nos saíron as cousas, pero podo asegurar que non foi por tentalo. Asegúrovos que todo o mundo no Dépor está coas pilas postas para saír desta situación, que é preocupante pero non dramática. Creo sinceramente que temos persoal para moito máis e estou seguro que os bos resultados acabarán por chegar.
 
Hoxe chamounos especialmente a atención que nunha pancarta que traían os nosos afeccionados podía lerse unha lema: 'Unión e Compromiso', só dúas palabras que resumen mellor que calquera outra frase cal debe ser nosa actitude nestes momentos. 'Unión e Compromiso' para min son as claves que nos permitirán atopar unha liña no noso xogo. Se conseguimos que entre todos prevalezan ambos os conceptos, sairemos adiante con máis forza e enerxía que nunca. Moitas grazas a todos".